Programa Reencontros na Terra
A Secretaría Xeral da Emigración, da Xunta de Galicia convoca o programa Reencontros na Terra para residentes no exterior para o exercicio 2013.
Obxecto:
Promover o contacto dos galegos residentes no exterior coa súa terra, mediante un período de estadía en residencia, e cos seus familiares, fortalecendo así os vínculos de unión con Galicia.
Convócase un total de 135 prazas, distribuídas por país:
Arxentina: 81, Brasil: 9, Cuba: 7, Uruguai: 34, Venezuela: 2, Outros países:2
Datas de realización
Os/as beneficiarios/as deste programa viaxarán a Galicia preferentemente no mes de outubro.
Prazo de presentación:
Ata o 22 de abril de 2013
Beneficios:
- Pasaxe de avión de ida e volta desde os lugares de partida fixados pola Secretaría ata o lugar de destino designado en Galicia.
- Servizo de aloxamento e manutención durante un período máximo de 14 días, nunha residencia de tempo libre ou noutro establecemento residencial de Galicia, programándose actividades socioculturais que favorezan o reencontro coa súa terra.
- As persoas participantes que o desexen poden prorrogar a súa estadía en Galicia unha vez finalizada a estadía no establecemento residencial, ata completar un período aproximado de 30, 60 ou 90 días desde a súa chegada a Galicia, sendo por conta dos participantes todos os gastos durante o tempo que permanezan cos seus familiares.
- A prestación da asistencia sanitaria dos/das beneficiarios/as será de acordo coa lexislación nesta materia e os convenios subscritos polo Estado e a Comunidade Autónoma de Galicia.