publicidade hoxe
Publicidade
omeulibro1

Probas de obtención do graduado en Educación Secundaria

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLocalO Pino
A-
A+

O 29 de xaneiro de 2013 a Consellería de Cultura. Educación e Ordenación Universitaria publicou no DOG a convocatoria das probas para a obtención do título de graduado en educación secundaria obrigatoria para maiores de dezaoito anos nas convocatorias de maio e setembro de 2013.

Os prazos de matrícula serán:

– Convocatoria de maio: 2 ao 15 de abril, ambos os dous incluídos.

– Convocatoria de setembro: 1 ao 8 de xullo, ambos os dous incluídos.

As persoas matriculadas para a primeira convocatoria, se non superan a totalidade dos ámbitos da proba, consideraranse matriculadas para a segunda convocatoria sen que teñan que presentar nova documentación.

26 de febreiro de 2013 | 19:09 • Sen comentarios

Comentarios pechados.