publicidade hoxe

Primeira fase do Concurso Nacional Anaprode 2013

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaCalendarioLocalVilalba
A-
A+

O domingo 3 de marzo no auditorio Carmen Estévez, terá lugar a primeira fase do  Concurso Nacional de Danza ANAPRODE, certame concebido esencialmente para a difusión, exhibición e promoción da danza, fomentando os intercambios da devandita disciplina artística en diferentes cidades e pobos do Estado Español e de Europa. O concurso ten como principal meta fomentar a danza dos alumnos afeccionados e pre-profesionais, por iso non se limita a ser un concurso cuns únicos gañadores, senón un concurso onde os alumnos/as nas súas diferentes categorías- reciben unha puntuación que lles clasifica para nun baremo de premios. O xurado está composto por profesionais do mundo da danza: bailaríns, mestres e coreógrafos. A súa decisión é inapelable e teñen a potestade de reclasificar os candidatos noutro estilo ou categoría.

Dentro do certame encóntranse agrupadas os seguintes estilos de danza: Clásica, Contemporánea, Jazz, Hip hop, Flamenco, Fusión, Escola boleira e Danza estilizada. Os participantes teñen idades comprendidas entre os 8 e os 25 anos.

O Concurso Nacional  2013 dará comezo ás 8.30h da maña con apertura de portas ao público e a presentación do evento. Ás 9.00h comezarán as primeiras coreografías.

 A entrada é de balde.

25 de febreiro de 2013 | 18:11 • Sen comentarios

Comentarios pechados.