publicidade hoxe
Publicidade
omeulibro1

Parada de Reis 2013

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLocalNogueira de Ramuín
A-
A+

O sábado 5 de xaneiro de 2013 tivo lugar na praza de Luintra a tradicional Parada de Reis que se celebra tódolos anos no noso concello, onde os rapaces con idades comprendidas entre 0 a 10 anos recibiron agasallos, caramelos e tiveron a oportunidade de falar con Melchor, Gaspar e Baltasar, as súas Maxestades os Reis Magos de Oriente. A praza contaba cun magnifico decorado: un fermoso Belén pintado de case tres metros, sete pastores pintados que engalanaban a praza, unha árbore de Nadal cunha chea de regalos, e unha ovella cos seus dous cordeiriños, protagonista das olladas de tódolos rapaciños; e as Panxoliñas non deixaban de soar (especialmente a famosa Panxoliña Nadal de Luintra). Este ano había tamén un Buzón Real, no que os nenos e nenas podían depositar as súas cartas coas peticións necesarias para que os Reis non se esqueceran de deixarlles nada nesa noite tan especial. Foi unha xornada moi boa e ata as condicións meteorolóxicas acompañaron ás nosas queridas maxestades.

13 de febreiro de 2013 | 11:43 • Sen comentarios

Comentarios pechados.