publicidade hoxe

Ordenanza reguladora da venda ambulante e das actividades feirais

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaCastrelo do ValLocal
A-
A+

O concello de Castrelo do Val ven de aprobar a ordenanza que regula a actividade en torno ás feiras e venda ambulante co obxecto de posibiltar mediante un marco legal a celebración dalgún tipo de actividade neste sentido.

As licenzas serán expedidas no concello e variarán en función dos núcleos de poboación, que estarán clasificados segundo o seu tamaño en 3 niveis diferentes:

  • Nivel I: Castrelo do Val e Nocedo do Val.
  • Nivel II: Pepín, Gondulfes, Campobecerrros, Fontefría e Servoi.
  • Nivel III: Resto de núcleos de concello.

As taxas serán as seguintes según o nivel:

  • Nivel I: 
    • 1 día a semana, 20 € ó ano por núcleo.
    • 2 días a semana, 35 € ó ano por núcleo.
    • 3 días a semana, 40 € ó ano por núcleo.
  • Nivel II: 
    • 1 día a semana, 15 € ó ano por núcleo.
    • 2 días a semana, 20 € ó ano por núcleo.
    • 3 días a semana, 25 € ó ano por núcleo.
       
  • Nivel III: 
    • 1 día a semana, 5 € ó ano por núcleo.
    • 2 días a semana, 7 € o ano por núcleo.
    • 3 días a semana,10 € o ano por núcleo.

O custe das taxas non ten ningún afán recadatorio, e o que se persegue é a regulación dunha actividade como xa teñen concellos veciños – con ordenanzas moi similares – coma é o caso de Vilardevós, e evitar a fraude, dado que os vendedores que soliciten a licenza han de cumprir os requisitos legais necesarios no que respecta á súa situación coa Seguridade Social e, no caso dos produtos de alimentación e herbodietética deberá, adicionalmente, cumprir os requisitos que impón a normativa sanitaria.

Coa aprobación desta ordenanza, calquera interesado en celebrar unha feira ou actividades de venda ambulante pode dirixirse ao Concello para regularizar dita actividade.

22 de febreiro de 2013 | 17:26 • Sen comentarios

Comentarios pechados.