publicidade hoxe
Publicidade
omeulibro1

O 6 de marzo remata o prazo para inscribirse nas saídas de “Deporte e Saúde”

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLocalMesía
A-
A+

O vindeiro 6 de marzo rematará o prazo para inscribirse nas saídas ao Balneario de Guitiriz organizadas polo Concello de Mesía no marco do seu programa ‘Deporte é Saúde 2013′. Trátase dunha proposta orientada unicamente a persoas empadroadas no municipio.

Ofértanse un total de 70 prazas, distribuídas en dous grupos dun máximo de 35 cada un. Cada grupo ten adscrita unha ruta de transporte. En concreto, o grupo primeiro correspóndese coa ruta Olas-Visantoña-Mesía-Xanceda e as datas das súas saídas son o 13 e o 20 de marzo e o 3 e o 10 de abril. O segundo grupo é o da ruta Boado-Castro-Lanzá-Cumbraos, con datas fixadas para o 17 e o 24 de abril e o 8 e o 15 de maio.

Para obter máis información sobre as paradas exactas do servizo de transporte e os horarios, cómpre acudir á Casa da Cultura ou chamar ao 981 68 72 41. Alí é tamén onde se tramitan as inscricións. O prezo por persoa é de 45 euros, para o conxunto de catro xornadas de saída. O pago efectuarase no propio momento de inscrición.

27 de febreiro de 2013 | 10:24 • Sen comentarios

Comentarios pechados.