publicidade hoxe

Medalla de prata no Campionato Nacional SKILLS

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLocalPaderne
A-
A+

Neste mes de febreiro celebráronse no IFEMA de Madrid as probas finais do campionato que, a nivel nacional, enfrentaron ós mellores alumnos que previamente obtiveran medalla de ouro nas súas respectivas comunidades autónomas en distintas ramas de formación profesional.

Para o IES As Mariñas supón unha gran satisfacción poder contar con tres medallas de ouro no Campionato autonómico da rama de automoción e así entrar na selección dos mellores a nivel nacional.

Tamén o Concello de Paderne está de celebración dado que un destes alumnos é do municipio o que fai que sexa un orgullo para todos.

Miguel Pérez Purriños, ó que o Alcalde felicitou e tivo a satisfacción de entregar a medalla de ouro a nivel autonómico, conta agora con unha de prata a nivel nacional na especialidade de chapa dentro de la rama de automoción.

27 de febreiro de 2013 | 10:43 • Sen comentarios

Comentarios pechados.