publicidade hoxe

“Las noches del Club de la Comedia” chega a Vilalba

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaCalendarioLocalVilalba
A-
A+

«O Club da Comedia», emblemático programa de monólogos producido por Globomedia e que se emitiu en todas as cadeas nacionais con grande éxito dado que é seguido por máis de 2 millóns de espectadores, ofrece a posibilidade de gozar desa mesma experiencia en directo con «Las Noches del club de la comedia». Esta vez da man de 3 dos grandes cómicos deste país, Tomás García, Manu Badenes e Miguel Lago, 3 HUMORES DIFERENTES E UN MESMO OBXECTIVO, UNHA NOITE DE HUMOR INESQUECIBLE.

Actuación que terá lugar o venres 8 de marzo  a las 21.30h. Para tódolos públicos.

As entradas xa están a venda e pódense  adquirir en venda anticipada a un prezo de 16€ e en taquilla a un prezo de 18€.

Puntos de venda:  na Oficina de Cultura de 10h a 15h , na Casa da Cultura de 11h a 13h e de 17h a 20h, www. servinova.com,  e no auditorio o mesmo día da actuación.

  • Data: 8 Marzo 2013 21:30
  • Termina: 8 Marzo 2013 23:30
  • Prezo: Anticipada 16€ / 18€ taquilla
  • Lugar: Auditorio Carmen Etévez
  • Dirección: Rúa das Pedreiras s/n, Vilalba, 27800
25 de febreiro de 2013 | 18:07 • Sen comentarios

Comentarios pechados.