publicidade hoxe

Homenaxe a María Josefina Barral Pico

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLocalPaderne
A-
A+

Esta tempada, no Concello de Paderne, o Alcalde tivo ocasión de poder felicitar, con moi poucos días de por medio, a outra centenaria que este pasado día 11 de febreiro celebrou os seus cen anos de vida.

Mª Josefina Barral Pico naceu no Couto, na parroquia de Quintas aínda que na actualidade vive no lugar de Medín, en Vilamourel onde é coidada  e atendida pola súa sobriña á que ela no seu día criou.

En recordo desta importante data, César Longo, levoulle unha placa conmemorativa e un cuadro no que ía enmarcada a súa partida de nacemento; ámbolos dous deixarán constancia deste acontecemento e, seguramente, terán un gran valor sentimental para a súa familia.

Tampouco podía faltar a tradicional tarta coas velas pechando así esta felicitación que o Alcalde realiza con  especial satisfacción ós centenarios de Paderne.

27 de febreiro de 2013 | 10:41 • Sen comentarios

Comentarios pechados.