publicidade hoxe
Publicidade
omeulibro1

Gala Xalleiros 2013

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaAxenda e CulturaLocalSanta Comba
A-
A+

O concello de Santa Comba organizará o vindeiro venres 1 de marzo unha gala na que se pretende homenaxear e recoñecer a traxectoria de persoeiros e entidades do concello.Nesta ocasión o executivo que preside Antonio Landeira Gallardo optou por, sobre o modelo da “Gala do Deporte”, impulsar uns novos recoñecementos que incluirán tamén o apartado cultural e social.

Deste xeito as concellerías que coordinan María Josefa Pose Rodríguez (Cultura) e José Pose Pazos (Deporte) promoven un evento que arrancará as 9 da noite, e no que aparte da entrega de premios e dunha semblanza dos mesmos, haberá actuacións musicais e demostracións deportivas.

A gala “Xalleiros” será presentada por dúas mulleres de sobra coñecidas e que tamén teñen as súas raíces na Terra do Xallas:Isabel Blanco e Isabel Durán.

Estes non será os únicos rostros “populares” nin as actividades quedarán aí, porque a organización gárdase máis sorpresas para as persoas que se acheguen ao Multiusos o vindeiro venres.

26 de febreiro de 2013 | 19:41 • Sen comentarios

Comentarios pechados.