Exposición de fotografía de Isidro Cea
Dende o 9 de ata o 23 de febreiro poderemos ver na Casa da Cultura de Chantada unha mostra de fotografías de Isidro Cea, titula “Anxos, Demos e outros retratos Divinos de la Muerte”.
Isidro Cea, Técnico en Imaxe e Son (A Coruña 1972)
Dende principios dos 90 traballa ligado a distintos medios radiofónicos pero adicando moito do seu tempo á fotografía.
Coa emerxencia das novas técnicas e sistemas de edición atopa un espazo no que se sinte moi a gusto, manipulando os espazos para transformalos en lugares de fantasía e mesmo convertendo ás persoas en seres imaxinarios ou mesmo oníricos.
“Anxos, Demos e outros retratos Divinos de la Muerte” é un exemplo do traballo que fai. Trátase dunha mostra que conta con máis de 20 imaxes de temática fantástica e que xa leva un ano de percorrido, visitando museos e centros cívicos de cidades como Ferrol, A Coruña e Santiago, entre outros.