publicidade hoxe
Publicidade
omeulibro1

Éxito total do partido benéfico organizado pola S.D. Urdilde

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLocalRois
A-
A+

O partido de fútbol xogado o sábado 29 de decembro en Urdilde entre antigos xogadores e o equipo actual do Urdilde resultou un éxito total, tanto do fútbol practicado coma do público e da recadación de produtos para as persoas necesitadas de Rois. Ambos os dous equipos realizaron un fútbol de calidade e moi deportivo, sen o menor incidente. Pola mínima vantaxe de 4-3 venceron os antigos xogadores, aínda que empezaron marcando dous goles os actuais. Pero os veteranos souberon remontar ata o empate 3-3 e nos últimos minutos Rúper marcou de penalti o gol da vitoria.

Cabe destacar a gran colaboración da veciñanza de Urdilde, onde se reuniron aproximadamente uns 400 quilos de alimentos, artigos de limpeza e xoguetes. O propio presidente, Moncho González, foi o encargado de llos entregar ao alcalde de Rois, Ramón Tojo, para seren repartidos pola área de Servizos Sociais entre as persoas máis necesitadas do Concello de Rois. Afortunadamente, en Rois o 90% dos veciños teñen a súa horta e se queren poden plantar legumes e patacas e teren seis galiñas que lles dean ovos para poderen comer durante o ano dos seus propios produtos.

Accións como este partido benéfico son moi dignas de loanza.
26 de febreiro de 2013 | 19:17 • Sen comentarios

Comentarios pechados.