publicidade hoxe

Excursións de Cultura, Deporte e Servizos Sociais

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaBoimortoLocal
A-
A+

Excursión a San Andrés de Teixido.

Día: O sábado 26 de xaneiro.

Hora: Sairemos do Campo do Rosario ás 09:30.

Idade: Todas as idades. Os menores deberán ir acompañados dun adulto.

Prezo: 20€ coa comida incluída nun restaurante de Cedeira.

Características: Visitaremos San Andrés de Teixido. Sobre as 12:15 horas haberá unha misa no santuario á que poderemos asistir. Unha vez rematada a misa iremos a xantar a Cedeira. Xa pola tarde e de volta pararemos nas Pontes de García Rodríguez a facer unha visita guiada.

Inscricións: ata o 19 de xaneiro pola mañá.

Saidas ó Balneario de Compostela – Brión

Día: Os martes de cada mes saíremos ó balneario. Comezaremos o martes 15 de xaneiro. Neste mes de Xaneiro as saídas serán os días 15, 22 e 29. Máximo de 25 prazas.

Hora: Sairemos do Centro de maiores ás 15:30.

Idade: Máis de 16 anos.

Prezo: 7€

Características: Acceso a piscinas e club termal.

Inscricións: Deberán inscribirse o máis tardar o venres da semana anterior. No momento da inscrición deberán efectuar o pago dos 7€.

Saidas á Piscina de Arzúa desde o Centro de Maiores

Día: Os xoves de cada semana.

Hora: Sairemos do Centro de maiores ás 10:30 e voltarase ás 11:45.

Idade: Maiores de idade.Prezo: 5€ á semana.

Características: Acceso a piscina de Arzúa. Contaremos cun ou máis monitores, según o número de inscritos, da piscina que impartirán un curso de natación. Deberá haber un mínimo de 8 persoas para poder realizar o curso.

Inscricións: Deberán inscribirse a primeira quincena de xaneiro.

Prazas: non hai prazas limitadas.

26 de febreiro de 2013 | 20:14 • Sen comentarios

Comentarios pechados.