publicidade hoxe

Encontros de pais e nais

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLocalRodeiro
A-
A+

O Concello de Rodeiro pon en marcha o proxecto denominado Encontros de nais e pais, iniciativa de prevención familiar configurada como unha proposta de formación parental en temas relacionados coa educación das súas fillas e fillos.

Está dirixido a tódolos pais e nais do Concello con menores de idade ao seu cargo.

O principal obxectivo é incrementar a conciencia educativa dos pais e o uso das súas aptitudes para coidar e educar aos seus fillos, potenciando o desenvolvemento de competencias e habilidades educativas.

Créase un espazo de reunión no que se abordarán temas de interese para os pais e nais, como poden ser o uso das novas tecnoloxías, prevención de drogodependencias, educación emocional, relación familia-escola… ou calquera outro proposto polos destinatarios.
A primeira sesión desenvolverase o vindeiro venres 22 de febreiro ás 22:00 h. no Centro Cultural “Manuel Lamazares”.

Esta sesión será para programar os temas e abordar, coñecer as inquedanzas e preocupacións dos asistentes e explicar a metodoloxía que se seguirá.

Ademais de aportar información sobre cada tema, trátase tamén de crear un espazo de intercambio de experiencias e de aprendizaxe activa entre o grupo de participantes.

Para recibir máis información, contactar con Ana Rodríguez, educadora familiar. Tfno: 986790185, e-mail: educadora@rodeiro.org

20 de febreiro de 2013 | 16:33 • Sen comentarios

Comentarios pechados.