publicidade hoxe
Publicidade
omeulibro1

Concurso para a contratación temporal de Condutor/a de Tractor-Rozadora

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaAmoeiroLocal
A-
A+

O Concello de Amoeiro informa da apertura do procedemento para a contratación temporal -ata o 31 de decembro de 2013- dun/ha condutor/a de tractor-rozadora e outra maquinaria similar. As persoas interesadas nesta praza deben consultar as bases da mesma que se expoñen de seguido, rematando o prazo de presentación de solicitudes e documentación o vindeiro mércores 20 de febreiro.

BASES XERAIS POLAS QUE SE REXERÁ O TRÁMITE DE CONCURSO PARA SELECCIONAR E CONTRATA-LO PERSOAL QUE SE DETALLA.

1º. OBXECTO

O obxecto destas bases é regula-la contratación de PERSOAL LABORAL TEMPORAL, de duración determinada –OBRA E SERVIZO- e que é o seguinte:

1 CONDUCTOR/A  TRACTOR-ROZADORA, E OUTRA MAQUINARIA SIMILAR.

2º.- DURACIÓN DO CONTRATO.

A duración do contrato é ata  o día 31 de Decembro de 2013.

3º.- HORARIO LABORAL.

Será de oito horas día, conforme á planificación dos traballos que ó efecto sinale a Alcaldía.

4º.- RETRIBUCIÓNS

  • 1 condutor/a do tractor-rozadora e outra maquinaria similar: SOLDO: 1.100 EUROS/MES brutos, incluída a parte proporcional das pagas extras.

5.- FUNCIÓNS

As funcións son :

CONDUCTOR:

* Conduci-lo tractor-rozadora, e outra maquinaria similar..

* Realiza-los traballos de desbroce, e outros relacionados con tarefas de prevención de incendios

* Mante-la maquinaria en perfecto estado de conservación.

* Realiza-las reparacións que non necesitan ir ó taller.

* Todas aquelas inherentes o seu posto de traballo e que a Alcaldía lle asigne.

A persoa que preste este servizo deberá ter medio de transporte persoal, para realiza-las tarefas propias do cargo.

6º.- MÉRITOS QUE SE VALORAN

6.1. MÉRITOS ACADÉMICOS E EXPERIENCIA PROFESIONAL:

  • MÉRITOS ACADÉMICOS:
  • Por cada curso de formación ou perfeccionamento impartido polas Administracións Públicas, universidades, INEM, formación ocupacional e outros centros oficiais, relacionados coas funcións propias da categoría,  baremados do xeito seguinte:

-Curso de ata 20 horas 0.20 puntos.

-Curso de ata 60 horas 0.5 puntos.

-Curso de ata 100 horas, 0.75 puntos.

-Curso de mais de 100 horas, 1,00 puntos

-Cursos de galego (Tan só se valora o de rango superior):

-Iniciación: 0.10 puntos.

-Perfeccionamento: 0.25 puntos.

-Especialización: 0.50 puntos.

Puntuación máxima: 1.5 puntos.

Tódolos cursos teñen que ter relación directa co posto de traballo.

De non estaren as horas sinaladas nos certificados, computaranse o mínimo de puntuación, coma cursos de ata 20 horas.

EXPERIENCIA PROFESIONAL:

  • Por cada mes de traballo na Administración Local, en traballos idénticos e similares á praza a que se opta: 0.10 puntos/mes. Acreditarase por informe de vida laboral e contratos.

Puntuación Máxima: 1,5 puntos.

  • Por cada mes de traballo noutras Administracións ou empresas públicas, en traballos idénticos ou similares á praza a que se opta: 0.08 puntos/mes. Acreditarase por informe de vida laboral e contratos.

Puntuación máxima: 1.5 puntos.

  • Por cada mes de servizos prestados en traballos idénticos ou similares na empresa privada, nos últimos 3 anos: 0.05/ano. Acreditarase por informe de vida laboral e contratos.

Puntuación máxima: 1.5 puntos.

6.2.- ENTREVISTA:

Realizarase unha entrevista de carácter profesional.

A entrevista daráselle  ata 3 puntos.

6.3 – PROBA PRÁCTICA:

Realizarase unha proba práctica do manexo de maquinaria mecánica e manual.

A proba daráselle ata 4 puntos: 2 puntos (máximo) para a proba con máquina – tractor desbrozadora mecánica e 2 (máximo) para a proba de manexo de desbrozadora manual

7º.- PARTICIPACIÓN E PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES.

Realizarase convocatoria pública.

No modelo que figura como anexo I as presentes bases, faranse constar que o aspirante reúne os requisitos seguintes:

*Nacionalidade: Ter nacionalidade española.

Ademais poderán participar no concurso os nacionais dos demais estados membros da Unión Europea, así como os estranxeiros que reúnan a condición de cónxuxe de españois/as ou de nacionais doutros estados membros da Unión Europea,   e os seus descendentes e os do seu cónxuxe,  sempre que no estean separados de dereito, sexan menores de 21 anos ou maiores de dita idade dependentes. As mesmas regras aplicaranse, de se lo caso, ás persoas incluídas no ámbito de aplicación dos tratados internacionais celebrados pola Unión Europea e ratificados por España, nos que sexan de aplicación a libre circulación de traballadores/as.

Por outra banda, tamén poderán participar no concurso, os estranxeiros/as con residencia legal en España.

*Ter cumpridos 18 anos e non exceder da idade máxima de xubilación forzosa.

*Declaración diante de autoridade xudicial ou administrativa de non estar incapacitado ou incompatibilizado para contratar co Concello.

* Carné de conducir clase B como mínimo.

* Relación de méritos que alegue (Base 6ª).

As solicitudes presentaranse no rexistro xeral do Concello ata o 20 de Febreiro de 2013,  de 9 ás 14 horas.

Os aspirantes deberán comparecer na casa do Concello o día 25 de Febreiro de 2013, ás 13 horas, provistos de D.N.I. para a realización da entrevista e da proba práctica.

As puntuacións e a lista de admitidos publicaranse no taboleiro de edictos do Concello.

8.- COMISIÓN AVALIADORA.

A Comisión Avaliadora estará formada por:

Presidente:  D. Tomás Fernández Sarmiento .

Vocais:

2  Vocais (persoal  funcionario ou laboral fixo) que ao efecto se designen.

Secretaria: A do Concello, ou persoa que a substitúa legalmente, con voz e sen voto.

Esta Comisión unha vez que realice a avaliación formulará  proposta de nomeamento ó órgano competente para a selección do persoal.

9º.- NOMEAMENTO.

Unha vez realizada a proposta de selección do persoal,  ó Sr. alcalde continuará coa a tramitación do expediente ata o seu remate e nomeará ó elixido/a para as funcións do posto de traballo que se convoca.

10º.- TIPO DE CONTRATO.

O contrato será de OBRA OU SERVIZO DETERMINADO.  Redactarase ó abeiro do RD 2720/98, de 18 de decembro polo que se desenvolve o art. 15 do Estatuto dos traballadores en materia de contratos de duración determinada, modificado pola Lei 12/2001, de 9 de xullo.

22 de febreiro de 2013 | 17:20 • Sen comentarios

Comentarios pechados.