Colaboración coa Cámara de Comercio de Ourense
A dinamización económica é un obxectivo prioritario para o Concello de Vilar de Santos. En colaboración coa Cámara de Comercio de Ourense, buscamos establecer accións de promoción e internacionalización das empresas do concello.
Tivo lugar unha reunión informativa na que participaron empresarios, xunto con técnicos da Cámara e do concello.
Queremos reforzar as bases para que as empresas de Vilar de Santos teñan novas posibilidades de negocio e buscar novas alternativas para incentivar e facilitar a actividade económica co fomento da actividade exportadora-importadora.
Estas actuacións demostran a aposta do grupo de goberno do Concello por seguir impulsando e fomentando a economía produtiva, establecendo o marco adecuado para favorecer non só a inversión e instalación de novas empresas e servizos senón tamén fomentando a actividade empresarial no exterior, tan necesarios nunha coxuntura como a actual e significa un paso mais no noso obxectivo de converter Vilar de Santos nunha área industrial e de promoción económica e emprego importante na provincia.