publicidade hoxe

As obras da subida a Noceda rematan cun investimento de 72.000 euros

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLocalRibadeo
A-
A+
Vista das obras

Vista das obras

Hoxe quedarán rematadas as obras da subida a Noceda que realiza o Concello con cargo ao PEIM (Plan de Infraestruturas do Medio Rural) do ano 2010, segundo ven de anunciar o alcalde, Fernando Suárez, que considera que se trata dunha boa nova para todas as persoas que transitan a diario por ese vial.

O rexedor sinalou que “por fin estamos a executar o PEIM, o Plan de Infraestruturas do Medio Rural do 2010, que o estamos a executar no 2013 despois de que a Xunta se fora demorando en varias anualidades. Aínda que sexa tarde é unha boa nova para os veciños de Noceda e tamén para a moita xente que desde as parroquias costeiras se despraza ata as do interior, evitando dar unha grande volta pola vila de Ribadeo”.

Suárez Barcia indicou que “hoxe quedará rematada esta obra, que non chegará ata arriba de todo, dado que a magnitude económica era duns 72.000 euros e non nos alcanza para chegar ata toda esa zona. En todo caso nunha anualidade posterior noutro momento, cando poidamos, temos que rematar ben eses traballos con aglomerado asfáltico ata a parte alta”.

O alcalde ribadense considera que “obras coma estas feitas con aglomerado asfáltico duran moitos anos, é algo máis custoso que o rego asfáltico, pero no que ten que ver con estas vías importantes que unen a varias parroquias sempre é criterio do goberno municipal aplicar este tipo de material”. 

25 de febreiro de 2013 | 18:59 • Sen comentarios

Comentarios pechados.