Aranga recibe a visita da Conselleira Beatriz Mato
A conselleira de Traballo e Benestar, Beatriz Mato, visitou o 23 de xaneiro o centro de formación onde se están a impartir as clases teóricas do obradoiro de emprego de xardinería.
Os concellos de Aranga, Irixoa, Vilarmaior e Monfero, son beneficiarios dunha axuda que financia a Xunta, que ofrecerá ao longo dos próximos 6 meses unha formación de calidade e un posto de traballo a 20 persoas desempregadas destes municipios.