publicidade hoxe
Publicidade
omeulibro1

Aprobación inicial do PXOM de Val do Dubra

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLocalVal do Dubra
A-
A+

Faise público que no Diario Oficial de Galicia, núm.29,de data 11/02/2013, aparece publicado o anuncio de exposición pública da aprobación inicial do PXOM deste Concello. O período de información pública rematará transcorridos os dous meses desde o seguinte ao da publicación do anuncio no Diario Oficial de Galicia.

Durante este prazo todas as persoas interesadas poderán facer uso do seu dereito a consultar os documentos na páxina web do Concello: www.valdodubra.es así como na oficina situada no segundo andar da Casa da Cultura do Concello de Val do Dubra os luns, martes, mércores e venres de 11.00 a 14.00 h. Os xoves en horario de 10.00 a 13.30 h.o equipo redactor acudirá á dita oficina para informar e asesorar aos veciños na presentación de alegacións.

As persoas interesadas en ser recibidas polo equipo redactor deberán pedir cita previa no teléfono do Concello, o 981889000.

26 de febreiro de 2013 | 19:36 • Sen comentarios

Comentarios pechados.