Aberto o prazo de solicitudes para o “Programa de termalismo social-balnearios”
As persoas que queiran participar por primeira vez, teñen aberto o prazo de solicitudes para o PROGRAMA DE TERMALISMO SOCIAL-BALNEARIOS, que promove o IMSERSO. Os que xa teñen ido en anos anteriores, recibirán unha solicitude precuberta, nos seus enderezos.
BENEFICIARIOS
- Pensionistas de xubilación e invalidez
- Pensionistas de viuvez e outras, cando teñan cumpridos 60 anos
- Poderán ir acompañados do cónxuxe
DOCUMENTACIÓN
- Documento Nacional de Identidade
- Cartilla da Seguridade Social
- Xustificante da/s pensión/s
QUENDAS E PRAZOS
- Quendas de FEBREIRO, a AGOSTO, ata o día 16 DE XANEIRO DE 2013
- Quendas de SETEMBRO a DECEMBRO, ata o día 16 DE MAIO DE 2013
Os interesados poden dirixirse ós Servizos Sociais do Concello (Traballadora Social), de luns a venres, en horario de 9:00 a 14:00 h.