publicidade hoxe

A Aula Cemit ten programados máis cursos de informática e internet

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaCarballedoLocal
A-
A+

No 2013 vanse continuar ofertando máis cursos de formación e charlas informativas dirixidas a toda a poboación. A programación para febreiro, marzo e abril é a seguinte:

Cursos básicos

Iniciación e Mecanografía: acender e apagar o ordenador, manexo do rato e o teclado, búsqueda de información en Internet, exercicios para aprender a escribir con tódolos dedos.

Cursos avanzados

Mira as túas fincas: como buscar, ver e medir parcelas agrarias a través do SIXPAC.

Compras: recomendacións para saber como realizar compras con seguridade (libros, reserva de hotel, billete de avión, de tren…) e realización de transferencias bancarias cunha tarxeta ficticia a través dun simulador.

Trámites: Puntos carné, altas e baixa de animais, cita ITV, cita médico, renovar demanda de emprego…

Carteis para anuncios, recetario de cociña e currículo: co programa Writer/Word verase como crear e modificar documentos de texto e como engadirlle algunha imaxe para logo gardalos e saber como imprimilos en papel, por exemplo publicitar unha festa, o entroido, unha venta…

Charla

Uso seguro das TIC para menores: Dirixido a pais e nais para que saiban cales son os perigos ós que se poden enfrontar os seus fillos/as navegando na Rede. Informarase da existencia de recursos para que poidan limitar o tempo de navegación, bloquear horarios, sacar un informe das páxinas web que visitaron os rapaces e filtración de contidos.

Os cursos, que serán gratuítos, darán comezo o mércores 13 de febreiro e coa lista de inscritos fixaranse as datas e os horarios (sesións de hora e media dous días na semana).

A Rede CeMIT da Xunta de Galicia configúrase como o instrumento fundamental para promover a alfabetización dixital da sociedade galega e ten como obxectivo potenciar actuacións relacionadas co desenvolvemento da actividade económica, empresarial e da implantación dos servizos electrónicos, titorizando a cidadanía con maiores dificultades e proporcionándolles os medios e ferramentas necesarios para poder formar parte activa da Sociedade da Información.

Para inscribirse ou para solicitar máis información sobre as citadas actividades poden dirixirse ao Aula CeMIT de Carballedo sito na Praza V. Portomeñe s/n, – A Barrela – Carballedo – Lugo, a través da páxina web https://cemit.xunta.es/, chamar ao teléfono 982 46 62 01, ou enviar un correo electrónico ao enderezo: cemit.carballedo@xunta.es

22 de febreiro de 2013 | 18:16 • Sen comentarios

Comentarios pechados.