publicidade hoxe

O Libro dos Contos

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLocalVilalba
A-
A+

O espectáculo infantil ‘O libro dos contos’ encherá de maxia e fantasía o Auditorio Carmen Estévez o venres 4 de xaneiro ás 18,30 horas, co obxectivo de «encantar» a pequenos e maiores con relatos tan coñecidos como ‘O Patito Feo’, ‘a Sirenita’ , ‘Carapuchiña vermella’, entre outros.

O espectáculo está basado en 12 contos clásicos, con letra e música orixinal, no que unha princesa aburrida xunto cun bufón e o Libro dos Contos, relatarán historias infantís que amenizarán ao público con música, baile e colorido.

As entradas serán a un prezo único de 12 euros.

Puntos de venda: na Oficina de Cultura de 9h a 14h , na Casa da Cultura de 11h a 13h e de 17h a 20h, e no auditorio o mesmo día da actuación.

2 de xaneiro de 2013 | 13:50 • Sen comentarios

Comentarios pechados.