publicidade hoxe

Exposición sobre o 50 aniversario de ‘Memorias dun neno labrego’

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLocalVal do Dubra
A-
A+

A exposición sobre o 50 aniversario de ‘Memorias dun neno labrego’ chega a Val do Dubra da man de Neira Vilas.

A exposición ‘Querido Balbino 1961-2011.Cincuenta anos de Memorias dun neno labrego’ será inaugurada este martes 15 ás 11.30 h no Auditorio do Concello de Val do Dubra e na súa apertura estará presente o escritor Xosé Neira Vilas. A exposición que homenaxea o medio século de vida de ‘Memorias dun neno labrego’consta dun “túnel” con fotografías que ilustran a vida do arrador, poeta, xornalista e ensaísta galego, completadas con datos sobre a súa biografía.

Ademais, conta con 12 pinturas doutros tantos artistas galegos que plasmaron sobre tea a imaxe do pequeno Balbino que lles inspiran as descricións de Neira Vilas.

Así, pintores e debuxantes como Antón Pulido, Paco Lareu, Xaquín Marín, Chema Pazos, ou Sabela Arias, entre outros, enriqueceron a mostra coas súas ilustracións. Así, o Concello convida a todos a acudir á mostra, que permanecerá na Aula 3 do Centro de Formación do 15 ao 22 de xaneiro de 2013 en horario de 17.00 a 19.00 h de luns a venres.

15 de xaneiro de 2013 | 12:35 • Sen comentarios

Comentarios pechados.