publicidade hoxe

Exposición ao público da ampliación do cemiterio de San Miguel

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLocalOutes
A-
A+

O Concello de Outes anuncia a exposición ao público do proxecto de ampliación do cemiterio parroquial de San Miguel de Valadares, no núcleo rural tradicional do lugar de Valadares, que promove o Arcebispado de Santiago de Compostela, con suxeición ao proxecto técnico redactado pola arquitecta Sra. Sande Beiro. A ampliación consiste na construción de 4 novos panteóns con cadanseus tres nichos polo vento norte do actual recinto do cemiterio.

O proxecto exponse ao público coa finalidade de que as persoas e entidades interesadas poidan presentar as suxestións e reclamacións que xulguen oportunas no prazo de 20 días soltos contados desde que se publique este anuncio no taboleiro de edictos e na páxina dixital da Corporación, no Boletín oficial da provincia da Coruña, e no Diario oficial de Galicia.

O expediente está a disposición das persoas interesadas nas oficinas da Casa do Concello.

15 de xaneiro de 2013 | 12:20 • Sen comentarios

Comentarios pechados.