publicidade hoxe

Curso de Atención Domiciliaria

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaAmoeiroLocal
A-
A+

O Concello de Amoeiro desenvolverá, en colaboración coa organización Solidaridad Intergeneracional, un Curso de Atención Domiciliaria.

O curso, que terá carácter gratuíto, levarase a cabo na Bilblioteca municipal os luns e mércores de 17:00 a 20:00 horas, comezando o 28 de xaneiro e rematando o 27 de febreiro.

Os contidos do curso diríxense -fundamentalmente- a asesorar, en todo o que sea preciso, a coidadoras e coidadores de persoas maiores e/ou en situación de dependencia. Ademais, entregarase un diploma acreditativo dos contidos impartidos.

A inscrición poderá formalizarse dos seguintes xeitos:

a) Persoalmente nas oficinas da Casa Consistorial

b) A través do teléfono municipal: 988 281000

c) Mediante correo electrónico: alcaldia@amoeiro.es

14 de xaneiro de 2013 | 17:32 • Sen comentarios

Comentarios pechados.