publicidade hoxe

Visita a Pazolandia

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLocalMaside
A-
A+

O Concello de Maside seguindo coa traxectoria iniciada estes anos atrás quere que os seus cativos/as disfruten dunha vacacións de Nadal máxicas, para elo organiza esta viaxe ó recito de xogos, atraccións e diversións instalado no Polideportivo “Paco Chao” de Ourense.

A data escollida para a visita é o 28 decembro 2012. A saída será dende a Alameda de Maside ás 10,30 horas con regreso ás 14,30 h.

A actividade ten un custo de 5 €/nenos empadroados e 7 €/adultos e nenos non empadroados no Concello de Maside. O prezo inclúe a entrada a Pazolandia e o transporte.

As inscricións deberán formalizarse nas Oficinas dos Servizos Sociais sitas no Centro de Saúde de Maside ou no teléfono 988 40 11 08 (Yolanda)

18 de decembro de 2012 | 19:22 • Sen comentarios

Comentarios pechados.