publicidade hoxe

Técnicos do IGAFA inician a repoboación de Rodaballo na ría

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaA Illa de ArousaLocal
A-
A+

Esta é a primeira vez que se leva a cabo unha experiencia deste tipo en Arousa. Os técnicos do Instituo Galego de Formación en Acuicultura foron os encargados de soltar na ría miles de exemplares de rodaballo co fin de facilitar a repoboación da especie. Para comprobar o nivel de adaptación dos alevíns ao medio natural haberá que esperar dous anos, será cando se poidan avaliar os resultados deste proxecto. Cada exemplar leva unha etiqueta identificativa de cor laranxa na que figuran os datos do IGAF e o ano da solta, para así poder levar un control sobre os exemplares. O IGAFA naceu como consecuencia da necesidade dun lugar que acollera os cursos de obtención dos certificados de mariscador, acuicultor e especialista en cultivos mariños. Está concebido para poder imparti-la formación en acuicultura mediante a práctica e a experimentación. Situado na Punta Niño do Corvo na Illa de Arousa, atópase no centro da zona con maior número de establecementos de cultivos mariños de Galicia, o que facilita a formación, gracias á colaboración prestada polas empresas. Conta con instalacións específicas de criadeiro, cetárea, laborato-rios, un parque flotante que dispón dunha batea para cultivo de moluscos e de gaiolas para cultivo de peixes, dun taller de ensino naútico-pesqueiro, dunha aula de aplicacións informáticas e dun parque intermareal instalado nunha praia cedida pola Confraría de Pescadores de Arousa.

18 de decembro de 2012 | 12:26 • Sen comentarios

Comentarios pechados.