publicidade hoxe

Realizado o trámite para construír o emisario da depuradora

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLocalRibadeo
A-
A+

Segundo o alcalde, Fernando Suárez, “agora todo está en mans de Augas de Galicia para que o proxecto se execute”.

O rexedor sinalou que “con esta depuradora de augas residuais tan moderna e tan boa que temos en Ribadeo funcionando xa desde hai un ano e medio máis ou menos aínda que toda ela funciona ben na súa integridade fáltalle unha parte do proxecto por executar, que é precisamente o emisario. É unha condución que se interna varios centos de metros en mar aberto. Creo que por problemas entre Augas de Galicia e o Ministerio de Medio Ambiente isto non pode ir adiante”.

Suárez Barcia indicou que “finalmente hai unha serie de condicionantes por parte do Ministerio, que son aceptadas. Por parte do Concello de Ribadeo había un último trámite, que foi evacuado hai moi pouquiños días. Polo tanto agora xa está todo en mans de Augas de Galicia, é dicir da propia Xunta, para que se leve adiante dunha vez por todas este emisario, que para nada vai mellorar as condicións de vertido, que xa son ás que a día de hoxe están indo ao mar en moi boas condicións. Pero o emisario é por si nalgún momento hai unha rotura ou unha parálise na planta non vaia o vertido ao río de Vilaselán senón que se interne en mar aberto a moita distancia”.

Desde o goberno municipal entenden que “estas obras se executarán aló pola primavera, porque é cando se permite facer iso e hai que recordar que as obras terán un importe duns 600.000 euros, segundo figura no proxecto, dado que o emisario responde a tódolos parámetros da normativa máis moderna e polo tanto é unha inversión importante”.

O alcalde insistiu en que “no referido ao Concello de Ribadeo evacuamos que había pendentes nada máis que no lo requiriron e polo tanto agora queda o asunto en mans de Augas de Galicia para que o execute e esperemos que quede tan ben feito como a depuradora municipal de Ribadeo para a que o Concello expropiou os terreos e Augas de Galicia, a través do canon de saneamento, executou a depuradora coa que Ribadeo é punteiro con respecto a outros concellos da comarca, tanto galega como asturiana”.

19 de decembro de 2012 | 11:22 • Sen comentarios

Comentarios pechados.