publicidade hoxe

Empezaron as obras para renovar o pavimento na Praza César Chavarría

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLocalLourenzá
A-
A+

Comezo das obras

O Concello de Lourenzá iniciou o acondicionamento da praza César Chavarría Pacio, “obras que están incluídas dentro do plan de urbanización da Área de Rehabilitación Integral (ARI) e que se teñen que facer dentro do Pepri”, segundo anunciou a alcaldesa, Emma Álvarez Chao.

A rexedora municipal explicou que “este proxecto ten unha inversión de 10.000 euros e consiste na pavimentación do espazo público que faltaba por adecentar dentro desta praza César Chavarría e tamén inclúe unha varanda e unha rampla para facer máis accesible a nosa Casa do Concello”.

18 de decembro de 2012 | 19:46 • Sen comentarios

Comentarios pechados.