publicidade hoxe
Publicidade
omeulibro1

Curso sobre economía doméstica e alimentación sá

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaBearizLocal
A-
A+

Este curso consistirá nunhas charlas ofrecidas pola Cruz Vermella do Carballiño, en colaboración co Concello de Beariz, nas que se tratarán diversos temas de gran interese relacionados coa alimentación, nutrición e economía doméstica. O curso terá 4 sesións presenciais cunha duración de 2 horas cada unha (8 horas en total).

Este curso levarase a cabo os días 3, 4 , 5 e 7 de decembro e terá lugar no Salón de Actos do Concello de Beariz en horario de 11:00 a 13:00 horas. Para acudir será necesario traer papel e bolígrafo para apuntes.

Para mais información poderán acudir o Departamento de Servizos Sociais do Concello ou chamar por teléfono o Concello.

Esperamos a vosa participación. Un saúdo!

18 de decembro de 2012 | 16:55 • Sen comentarios

Comentarios pechados.