publicidade hoxe
Publicidade
omeulibro1

Convocatoria de subvencións da Deputación para entidades

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLaxeLocal
A-
A+

- Convocatoria de programas de apoio á cultura dirixidos a entidades para actividades e investimentos durante o ano 2013.

- Convocatoria de programas de apoio ao deporte xeral e federado dirixidos a entidades para actividades e investimentos durante o ano 2013.

- Convocatoria do programa de subvencións de agricultura dirixido ás entidades asociativas agrarias e labregas da provincia da Coruña para actiividades e investimentos durante o ano 2013.

- Convocatoria do programa de subvencións de fomento pesqueiro dirixido ás cofrarías de pescadores da provincia da Coruña durante o ano 2013.

- Convocatoria de programas dirixidos a entidades para actividades e investimentos de promoción económica durante o ano 2013.

- Convocatoria de subvencions a entidades sen fins de lucro para mantemento e investimento de servizos sociais durante o ano 2013.

- Convocatoria de subvencións a entidades sen fins de lucro para o mantemento de programas sociosanitarios, durante o ano 2013.

- Convocatoria de subvenciones a entidades sen fins de lucro para o desenvolvemento de políticas de igualdade de oportunidades entre mulleres e homes e loita contra a violencia de xénero, durante o ano 2013.

Prazo de presentación de solicitudes:

· con sinatura electrónica: do 15 de xaneiro de 2013 ata ás 00.00 h do 23 de febreiro de 2013. Para as convocatorias da sección de Servizos Sociais o prazo será do 15 de xaneiro de 2013 ao 22 de febreiro de 2013.

· sen sinatura electrónica: unha vez realizada a solicitude de xeito telemático, achegarase o resgardo da solicitude ao Rexistro Xeral da Deputación da Coruña, aos rexistros municipais dos concellos que teñen asinado convenio coa Deputación da Coruña para este fin ou en calquera outros rexistros públicos aos que se refire o art. 38.4 da Lei 30/1992, do 26 de novembro. O prazo de presentación do resgardo da solicitude telemática nos rexistros iniciarase o día 15 de xaneiro de 2013 e rematará o día 22 de febreiro de 2013.

21 de decembro de 2012 | 17:05 • Sen comentarios

Comentarios pechados.