publicidade hoxe

Concurso de ideas para a creación de eco-negocios no parque Gerês-Xurés

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaBandeLocal
A-
A+

A través do proxecto VALOR GERES-XURES ponse en marcha o programa ECO-BIZ que ten como principal obxectivo a creación de eco-negocios no parque transnacional Geres-Xures, sendo os seus principais interesados tódolos emprendedores con ideas innovadoras dos concellos de Bande, Calvos de Randín, Entrimo, Lobeira, Lobios e Muíños.

O programa Eco-Biz Gerês-Xurés, é unha actividade enmarcada dentro do proxecto de cooperación transfronteiriza España-Portugal “Valor Gerês-Xurés”, aprobado no ano 2011, estando cofinanciado nun 75% por fondos FEDER da Unión Europea.

Eco-Biz pretende apoia-la creación de eco-negocios no Parque transfronteirizo, sendo desenvolto polo Concello de Ourense, a través do Centro de Iniciativas Empresarias (CIE), e a Associaçao para o Centro de Incubaçao de Base Tecnológica do Minho (INCUBO). As acccións a desenvolver neste programa serán tres: 1. Un concurso de ideas de negocio, 2. Talleres de emprendemento, 3. Pre-incunadora de negocio.

A través da primeira acción, pretendese identificar a emprendedores con ideas innovadoras e proporcionarlles as habilidades empresariais para que poidan materializar as súas ideas e levar a cabo o seu proxecto empresarial nos concellos que integran o parque transfronteirizo.

A este concurso poderán concorrer tanto emprendedores como empresas xa existentes, con novas ideas de negocio co fin de dinamiza-la zona do Gerês-Xurés.

O prazo para presentar candidaturas ó concurso de ideas de negocio para o Parque Transfronteirizo do Gerês-Xurés, permanecerá aberto ata o 31 de outubro de 2012.

As bases e o formulario de inscrición do concurso, pódense consultar na páxina web do programa www.ecobiz.concelloourense.es, así como na páxina web do Incubo www.incubo.eu

18 de decembro de 2012 | 16:49 • Sen comentarios

Comentarios pechados.