publicidade hoxe

As VI xornadas de “historia, cultura e dereito” repasan a historia do cine

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaBandeLocal
A-
A+

As VI xornadas de “historia, cultura e dereito” somérxennos este ano na historia do cine, dende o nacemento do mesmo á chegada do sonoro. Unha viaxe que iniciaremos en Bande o día 15 de novembro coa proxección de “Nanook o esquimó” e “Man of Aran” do director Robert J. Flaherty. Durante as seis xornadas que se realizarán en días alternos, entre Bande e Ourense, analizaranse as orixes do cine, o fito que supuxo a chegada do sonoro e axudaranos a coñecer o entorno tecnolóxico, histórico, social e cultural no que se desenvolve en Europa e EE.UU. Para iso contaremos coa inestimable colaboración de poñentes da talla da Sra. Susana de la Sierra, directora Xeral do Instituto de Cinematografía e Artes Audiovisuais, que pechará este ciclo de cine en Bande o día 18 de xaneiro.

18 de decembro de 2012 | 16:50 • Sen comentarios

Comentarios pechados.