publicidade hoxe

A Xunta licita obras de saneamento en Cortegada por case 600.000 euros

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaCortegadaLocalLocal Portada
A-
A+

Con esta actuación satisfaranse as necesidades máis urxentes en materia de depuración dos núcleos do Pazo, Ponte-Trado e Refoxos no concello de Cortegada.

A Xunta de Galicia licita hoxe no Diario Oficial de Galicia as obras de colectores e depuración dos lugares de Refoxos e Cortegada, unha actuación que se executará en virtude dun convenio entre a Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas e o Concello de Cortegada. Grazas a esta actuación hidráulica satisfaranse as necesidades máis urxentes no que se refire a saneamento dos veciños dos núcleos de O Pazo, Ponte-Trado e Refoxos no citado municipio. Así mesmo, dotarase dun servizo de saneamento axeitado a unha poboación de 370 habitantes.

As obras teñen un prazo de execución de nove meses e contan cun orzamento de máis de 590.000 euros, que son aportados ao 50% por Augas de Galicia e polo Ministerio de Agricultura, Alimentación e Medio Ambiente.

En concreto en cada núcleo levarase a cabo os seguintes traballos:

• En Refoxos executaranse 5.450 metros de tubaxe de PVC de 250 mm de diámetro ata enlazar coa rede existente para posteriormente ser depuradas as augas en Ponte-Trado. Darase servizo aos núcleos de Casares da Virxe, A Pousa, A Pereira e Vilaverde.

• No núcleo do Pazo, instalarase unha depuradora que consta dun aliviadoiro de crecidas, unha arqueta de desbaste, un decantador-dixestor, una cámara de descarga, un leito bacteriano, un decantador-dixestor secundario e unha arqueta de control para a súa inspección antes da vertedura. Darase servizo a unha poboación de 182 habitantes.

• Executarase un novo sistema de depuración no núcleo de Ponte-Trado, cambiando parte do tramo final da rede de saneamento e afastándoo das casas habitadas. A tubaría de saneamento será de PVC de diámetro 315 mm, intercalándose pozos de rexistro executados en formigón en masa. Ademais levarase a cabo a construción dunha depuradora que consta dun aliviadoiro de crecidas, unha arqueta de desbaste, un decantador-dixestor, unha cámara de descarga, un leito bacteriano, un decantador-dixestor secundario e unha arqueta de control para a súa inspección antes da vertedura. A poboación total servida será de 144 habitantes.

Antecedentes

Neste momento, no concello de Cortegada, no núcleo de Refoxos non se dispón de saneamento e, ademais, lugares de Peralba, A Decolada e Ponte-Trado contan con rede de saneamento e unha fosa séptica en Ponte-Trado, pero está inservible e, practicamente, soterrada na bacía do río. No núcleo de Pazo hai unha fosa séptica que recolle a rede desde os núcleos de Abelenda, O Casal, Casaldalvaro, Pazo, A Encoutada e Refoxos, pero atópase en desuso por falta de mantemento e totalmente soterrada pola maleza.

Este convenio tramítase ao abeiro do Decreto 84/1997, do 10 de abril que prevé a colaboración técnica e financeira da administración hidráulica de Galicia coas entidades locais.

Mediante a dita normativa establécese a posibilidade de financiamento e execución por parte da Xunta de Galicia de obras de abastecemento e saneamento de auga, incluso os proxectos técnicos e construtivos, nos termos municipais da Comunidade Autónoma.

28 de decembro de 2012 | 18:30 • Sen comentarios

Comentarios pechados.